Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Saída a Valdeorras

22 Outubro 2022 / 08:30 21:00

Saída de Outono por terras de Valdeorras.
Sábado 22 de outubro. Saída ás 8.30 horas desde a sede da Zona Franca (r Areal 46).
Prezo por persoa: socias do Ateneo, 50 euros, non socias, 60€.
Inscrición, a partir das 20 horas do xoves 13 de outubro en ateneoatlantico.gal e ata o martes 18.

“Do val policromado en San Martiño: vermello de garnacha e de alicante, ourilozente de lanzal viura, verdecente das searas centeeiras, alampado co lume dos magostos e riseiro de ourizos regañados” (Florencio Delgado Gurriarán)

Achegamento á comarca máis oriental de Galicia e aos seus tesouros: Mencías e Godellos, legado da roma imperial a través da Vía Nova e paisaxes de outono con moitas montañas preñadas de lousa.

Visita á adega Godaval con cata comentada.
Xantar con produtos tradicionais da comarca.
Visita a Córgomo, vila natal de Florencio Delgado Gurriarán, poeta das Letras Galegas 2022, con roteiro guiado.

A inscrición realizarase no formulario con acceso desde a cabeceira da nosa páxina web.
O formulario non será efectivo mentres non se realice o pago mediante transferencia á conta do Ateneo.
Transferencia a ES96 2080 5000 6430 4035 5222.
No motivo da transferencia especificar “Saída a Valdeorras (e o nome da persoa que cubre a solicitude)”

€50 – €60 Transferencia a: ES96 2080 5000 6430 4035 5222

Sede Zona Franca

Areal 46
Vigo, Galicia 36201 Spain
+ Google Map