Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Romaría homenaxe a Otero Pedrayo

20 Xuño / 10:00 17:00

A Federación de Ateneos de Galicia organiza un acto-homenaxe á figura de Ramón Otero Pedrayo. A homenaxe estará inserida nunha saída ao pazo de Trasalba na que ademais pasaremos unha xornada de confraternización de todos os ateneos galegos. O programa inclúe: Roteiro, Visita guiada, Proxección documental, Audicións músicais, Recitais de poemas, e Xantar. Animádevos a participar !! (Pendente de completar !)

2026-06-20-OteroP-1600x900
Programa

Chegada a Trasalba e recepción por parte da Fundación Otero Pedrayo (11.00 horas)
Saúdos do presidente da Fundación Otero Pedrayo, Federación de Ateneos e alcalde de Amoeiro
Intervencion da secretaría da Fundación presentando ao escritor
Actuación de Manoele e Felisa que presenta o libro “De Felisa a Otero Pedrayo”
Xantar de confraternidade dos Ateneos de Galicia
Ofrenda poética dos Ateneos
Proxección do documental «Otero Pedrayo, dereito á paisaxe»
Percorrido guiado por diferentes lugares relacionados co escritor
Actuación da Banda de Música Tradicional de Amoeiro
Saída das persoas participantes cara aos lugares de orixe (19.00 horas)

Máis información

XANTAR

Empanada, lacón asado e táboas de xamón e queixo
Polbo
Carne ao caldeiro con cachelos
Sobremesa: Bica e torta de mazá
Bebidas: viño branco e tinto, gasosa, auga, cervexa, refrescos
Café e licores

O xantar será na carballeira a carón do pazo

INFORMACIÓN ADICIONAL

O prezo calculado para socio é de 40 euros e 50 para non socios
O Ateneo completará o custo total que inclue seguro de viaxe e o resto da organización do evento.
Imos contratar un autobus pero gustaríanos ter unha estimación de prazas a cubrir.

RESERVA DE PRAZA

Para reservar praza, enviar un correo a actividades@ateneoatlantico.gal ou un whasapp a Encarna 635685868, se contestará canto antes para ter as reservas xustas antes do venres 19 e pasarllas á Federación e indicaremos a forma de pago (40 € socio / 50 € non socio).
Animádevos a participar !!

O acto

.

026-06-20 OteroPed Grupo1

.

026-06-20 OteroPed Grupo2

.

026-06-20 OteroPed Pub

.

026-06-20 OteroPed Prem

.

026-06-20 OteroPed Mus
Informacion complementaria

-Edicion 2025. Actividade da homenaxe a Castelao.

-Edición 2025. Video da homenaxe a Castelao