- Este evento pasou.
Realidades: prostitución e pornografía
9 Marzo 2023 / 19:30 – 21:00
Dentro das actividades arredor do 8 de marzo, o vindeiro 9, xoves, ás 19.30 horas, estará con nós Helga Pita Romero que conversará con Amada Traba sobre as Realidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actual. O acto terá lugar no salón de actos da EMAO.

Realidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actual
É a prostitución un traballo coma outro?
Helga Pita Romero
Amada Traba
Helga Pita Romero é Educadora social especializada en intervención con mulleres VTSH (Víctimas de trata de seres humanos).
É directora do Recurso residencial “Nuevos comienzos” da ONG Fiet Gratia.
Coordinadora do proxecto de detección de VTSH e atención a mulleres en contexto de prostitución e explotación sexual da ONG Fiet Gratia en Galicia.
Amada Traba é profesora da Universidade de Vigo desde o ano 1996. Docente de Socioloxía da Educación, materia na que aplica a perspectiva de xénero.
Desde hai 30 anos participa en numerosas actividades de formación en materia de igualdade e xénero, posgraos e outro tipo de cursos (actualmente o de Canteira de Igualdade promovido pola Deputación de Pontevedra), elabora materiais didácticos, participa en investigacións (recentemente a análise con perspectiva de xénero da producción audiovisual de ficción en Galicia 2020). Realizou diagnoses de situación da igualdade en concellos e na propia Universidade de Vigo, elaborando posteriormente plans de igualdade. Autora, xunto con Chis Oliveira, do libro Ám@me.