Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación: Os médicos tamén enferman

8 Maio / 20:00 21:30

Presentación do libro Os médicos tamén enferman, de Martiño Noriega. Quen? O autor estará acompañado de Manolo Bragado e o editor, Quique Alvarellos; a presentación correrá a cargo de Luísa Abad. Cando? O xoves 8 de maio a partir das 20 horas. Onde? Na Libraría Librouro (Eduardo Iglesias 12)

2025-05-08 Presenta MedicosEnferman
Os médicos tamén enferman

Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.
Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.
«Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública ‒afirma no Limiar ‒. Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura».
(Da ficha do libro na editorial Alvarellos)

Martiño Noriega

Martiño Noriega (A Coruña 1975) é un Médico de Familia que actualmente (2025) traballa nun Centro de Saúde de Santiago. Realizou estudos avanzados en saúde pública. Debedor das ensinanzas políticas de Xosé Manuel Beiras, foi alcalde de Teo (2007-2015) e de Compostela (2015-2019), exercendo a día de hoxe o activismo como voceiro da organización Anova. Colaborador ao longo dos anos en diversos xornais, en 2012 publicou a escolma de artigos Por un común denominador. A esquerda da nación e no 2017 o libro de conversas co xornalista Daniel Salgado A contradición permanente. É pai dunha nena chamada Mara e dun neno chamado Airas.
(Da ficha do autor na editorial Alvarellos)

Librería Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12
Vigo, Galicia 36202 Spain