Cargando eventos

« Todos os eventos

Presentación libro: Somos o que imaxinamos

9 Abril / 19:30 21:00

Ateneo Atlántico. Presentación do libro: Somos o que imaxinamos, de Alberto García-Garcés. Quen? Alberto García Garcés con Xosé Mª Álvarez Cáccamo, presenta Luísa Abad. Cando? Mércores 9 de abril a partir das 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO, García Barbón 5.

2025-04-09 PresentaAlbertoGarces
Somos o que imaxinamos

Somos o que imaxinamos é un conxunto de 42 vibrantes relatos curtos que falan da vida e da nosa cultura. Algúns se basean en experiencias vividas, outros son pura ficción. Mitos, lendas, lecturas, viaxes, camiñar con amigos, reflexións, peixes, investigación mariña, observación do mundo e soños, ten cabida nestes apaixonantes relatos. Todos xorden de pasear con optimismo, e certa retranca, no tempo e no espazo. Unhas veces por lugares próximos, outras por ámbitos máis afastados, e as máis das veces polos íntimos e intricados sendeiros dun mesmo.
Alberto González-Garcés narra con curiosidade e sorpresa a lendaria fundación de Muros por parte de Ulises, os peixes que comía Xesús de Nazaret segundo os Evanxeos, tamén os peixes e pescados que aparecen no Quixote, o paso de Federico García Lorca por Galicia, o canto do cuco en Kioto, os seus paseos persoais por Iguaçu, Asunción, as cataratas do Niágara e por espazos máis próximos tales como San Vicente do Mar, Ons, Santa Cruz, o río Verdugo e outros. Reflexiona con pausada esperanza e chega a conclusión de que “así é a vida, somos o que imaxinamos”. (Ficha do libro na AELG)

Alberto García Garcés

Alberto González-Garcés Santiso. A Coruña, 1950.
Doutor en Bioloxía mariña. Investigador en oceanografía biolóxica, especialmente sobre recursos mariños vivos. Para os seus traballos de investigación navegou polo Atlántico, Mediterráneo e Pacífico. Dirixiu a Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía. Tamén foi Director-Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR. Foi presidente do Comité Permanente de Investigación e Estatísticas da Comisión Internacional para a Conservación dos Atúns do Atlántico e Presidente do Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca da Comisión Europea.
Ten publicado o libro de poemas Alta mar, mar aberta. Editorial Medulia. 2023. 102 páxinas. ISBN 9788419438355. (Ficha do autor na AELG)

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map