Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación libro Galicia, distrito industrial

20 Febreiro / 19:30 21:00

O mércores 20 de febreiro, ás 19.30 horas, na EMAO, presentamos o libro Galicia, distrito indutrial (Galaxia, 2024). O autor, Antón Baamonde, estará acompañado de Edelmiro Ulloa, Santiago Lago, Jesús González, Bibiana Rodiño, Daniel Hermosilla e Xosé M. Soutullo.

2024-02-20 PresentaAntonBaamonde

Galicia, Distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla.
Antón Baamonde.
Galaxia 2024

O libro é o resultado das conversas do autor con Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas.
“En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas.”
Nas conversas, Daniel Hermosilla insiste, contra a imaxe estereotipada, en que “aquí hai unha biodiversidade de industrias moi interesante. Capitalizadas, con maquinaria de última tecnoloxía, e que saben contratar persoas de talento. Empresas que souberon cambiar a mentalidade e entender que o mercado é o mundo enteiro. Se isto o sabemos aproveitar e artellar, pode ser un dos grandes activos de Galicia”. 

Antón Baamonde, Licenciado en filosofía, ensaísta e articulista, estará acompañado por Edelmiro Ulloa (xerente da Cooperativa de armadores), Santiago Lago (Catedrático de Economía da UVigo), Jesús González (director xeral de Utingal), Bibiana Rodiño (de Beta Implants), Xosé M. Soutullo (director xeral de Galaxia), e do propio Daniel Hermosilla.

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map