Cargando eventos

« Todos os eventos

Presentación. El regreso de China

30 Setembro / 19:30 21:00

Presentación do libro El regreso de China, de Albino Prada. Quen? Albino Prada xunto con Emilio Zunzunegui e Rosa Pascual. Cando: o martes 30 de setembro a partir das 19.30 horas. Onde: no novo local do Ateneo na rúa Reconquista 7 (Café Vitruvia).

2025-09-30 Presenta Regreso de China

O Ateneo Atlántico prácese en organizar a presentación do último libro de Albino Prada: El regreso de China. No acto, que terá lugar o martes 30 de setembro a partir das 19.30 horas, participaran o autor xunto con Rosa Pascual e Emilio Zunzunegui.
A presentación terá lugar no novo espazo do Ateneo Atlántico, na rúa Reconquista 7, nos locais do café Vitruvia (antigo Aero Club):

Mapa nova ubicación Ateneo

El regreso de China

Neste libro analízase a transformación social que está a permitir a China recuperar o dinamismo tecnolóxico e o peso económico mundial que xa tivese fai séculos. Tamén como, ao conseguilo, está provocando -nestas primeiras décadas do século XXI- a ruptura da globalización capitalista comandada polos Estados Unidos.
‘ A persoa que queira entender, sen perderse nos detalles, a extraordinaria transformación de China e o reto que o seu modelo autoritario representa para tanto as democracias liberais como para as relacións internacionais no século XXI, debe ler este ensaio. Lonxe da linguaxe académica empalagosa ao uso, a prosa áxil do profesor Albino Prada fai que a súa lectura resulte ameaza á vez que instrutiva. Léanlo e verán que me darán a razón’.
Da ficha do libro no Consorcio Editorial Galego

Albino Prada

Albino Prada é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega. Editor dos Documentos do Foro Económico de Galicia (2014-2018). Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia; colabora en medios como Luzes, Sin Permiso, Nós Diario ou Tempos Novos. É membro do Consello Científico de Attac España.

Ateneo Atlántico

Reconquista 7
Vigo, Galiza 36209 Spain
+ Google Map
696 856 947
Ver a Páxina Web do Recinto