Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación: A filla de Lucrecia

1 Abril / 19:30 21:00

Presentación do libro A filla de Lucrecia, de Xabier Paz.
Cando? O martes 1 de abril, a partir das 19.30 horas.
Quen? O autor estará acompañado por Irene Felpeto e por Edurne Baines (editora do libro).
Onde? Na biblioteca da EMAO (García Barbón 5).

2025-04-01 PresentaXabierPaz
O autor: Xabier Paz

Xabier Paz (1949) reside en Vigo, onde exerceu varios oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida a estudar, como investigador titular, os recursos pesqueiros do Atlántico Norte, mormente en Terranova e Svalbard. 
Foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico (Inzar Ra­zóns) e de viaxes. Publicou o relato Follas do bacallau Xerais, 2005) e as novelas Renacer (Xerais, 2008), As vi­das de Nito (Xerais, 2013), A galera de Xelmírez (Xerais, 2015), Aníbal e a pin­tora (Xerais, 2017), Galileo no espello da noite (Xerais, 2019), A Barcelonesa (Xerais, 2021) e O libro e o tapiz (Xerais, 2023).  A filla de Lucrecia é a primeira obra de Xabier Paz no catálogo de Belagua Ediciones.
Como poeta publicou Sedimentos (2001), No canto do mar (2005), Materia de Lucrecio (2006), Filoxenia do sangue (2006), Antroposofía xeral (2023) e recentemente a reunión destes poemarios baixo o título Marxinalia, poesía reu­nida (2001-2004).  (Da ficha do autor en editorial Belagua).

O libro: A filla de Lucrecia

A filla de Lucrecia conta a peripecia de dúas mulleres sinaladas pola xustiza é a loita por sobrevivir nas estremas. A vontade ferreña da nai e as súas habelencias, quer de adiviña quer de parteira, axúdanas a manterse até ser acollidas en cas de dona Elvira, viúva mourisca. 
Son tempos nos que ferven os cárceres da Inquisición en delincuentes contra a fe, ilustres ou plebeos, homes ou mulleres. Tempos nos que os mouriscos son expulsados e calquera trazo islámico é perseguido. No ambiente de fanatismo católico sucédense os autos de fe en Granada, onde Alba medra entre dous mundos: o cristián na cidade, e o mourisco dentro da casa. Ao fin, o deprendido cabo da nai e o seu propio temperamento encarreirarán a súa vida, gobernada polo namoro e a seda, nun finximento social contracorrente. (Da ficha do libro na editorial Belagua)

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map