Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Presenta: Álvaro Gil-Robles

14 Maio / 19:00 21:00

O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Un comisario en el Consejo, de Álvaro Gil-Robles. Quen? O autor, Álvaro Gil-Robles y Gil Delgado estará acompañado por Teresa Conde Pumpido. Cando? O acto terá lugar o mércores 14 de maio, a partir das 19 horas. Onde? Na Casa del Libro de Vigo, na rúa Velázquez Moreno 27.

2025-05-14 Presenta GilRobles

Co gallo da publicación do seu libro “Un Comisario no Consello” ,Alvaro Gil-Robles -quen foi Defensor do Pobo en España (1988-1993) e o primeiro o primeiro Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa -,conversará con Teresa Conde-Pumpido o próximo 14 de maio na Casa do Libro ás 19 horas.

Non só os seus recordos sobre o desenvolvemento da súa función en Europa (incluíndo as súas intervencións en crises como as de Xeorxia, Moldavia ou Chechenia ) son de indubidable interese nestes tempos de atmosfera bélica senón que a súa experiencia na defensa dos valores democráticos e o respecto dos dereitos humanos convérteno en voz moi cualificada para reflexionar sobre a convulsa época actual, con “democracias iliberales”,organizacións políticas abertamente xenofobas , Presidentes que alentaron un golpe de estado no seu propio país e manobras de desprestixio das institucións democráticas.

Casa do Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27
Vigo, Pontevedra 36202 Spain