- Este evento pasou.
O Padroado de protección á muller en Vigo
13 Maio / 19:30 – 21:00
Ateneo Atlántico presenta: O Padroado de proteción á muller en Vigo. Quen? Lucio Martínez Pereda; presenta Chis Oliveira. Cando? O martes 13 de maio, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa).

O Padroado de Protección á Muller foi a institución represiva contra as mulleres de máis longa duración da ditadura franquista. O seu extenso e variado repertorio represaliador aínda non é suficientemente coñecido. É hora de dar a coñecer os seus específicos mecanismos de control social, as institucións que traballaban para aplicalo , a singularidade territorial da súa acción en Vigo e as empresas e organizacións que amparadas polo Padroado obtiveron beneficios económicos coa explotación laboral das súas vítimas.
Lucio Martínez Pereda
Lucio Martínez Pereda é historiador e profesor no instituto IES Valadares de Vigo. Autor dos libros: La depuración franquista del Magisterio Nacional en el norte de Zamora 1936-1943 ( 2008), Propaganda, mobilización e cerimonias político relixiosas en Vigo durante a Guerra Civil ( 2011 ), Medo político e control social na retagarda franquista ( 2015 ), El pan y la cruz. Hambre y Auxilio Social durante el primer franquismo en Galicia ( 2017 ), Desmontando a propaganda franquista (AA.VV. 2022). Articulista na revista de pensamiento A Trabe de Ouro, colaborador habitual en NR Nueva Revolución y Conversación sobre la Historia.