Cargando eventos

« Todos os eventos

No fío do alén.

28 Maio / 19:30 20:30

Presentación do libro de José G. Barral Sánchez “No fío do alén”, análise da implosión do fenómeno xacobeo, ao ocaso da fe dos crentes por mor dunha revisión teolóxica e ao cataclismo cultural actual. Quen? O autor José G. Barral Sánchez. Cando? Xoves 28 de maio ás 19.30 h. Onde? Na biblioteca da EMAO, en García Barbón 5.

2026-05-28-NoFio-600x
O libro

Tanto afectou o Brexit ao tránsito das almas? Cal foi a contribución galega á tecnoloxía no século XX? É posible conservar a fermosura retando ao tempo? Hai constancia de superheroes civís no universo relixioso á marxe dos santos? Que foi da conflagración galega contra a Armada americana?

N’ O fío do alén analízanse aspectos oblicuos da realidade situando o lector do outro lado da alfándega, unha áspera fronteira na que se acudirá á implosión do fenómeno xacobeo, ao ocaso da fe dos crentes por mor dunha revisión teolóxica e ao cataclismo cultural ao se xeneralizar as tendencias da clausura e a cancelación.

(Da ficha na editorial Medulia)

O autor

José G. Barral Sánchez (Vigo,1959) cursou Filosofía e Ciencias da Educación na universidade compostelá, incorporouse á docencia e publicou artigos e estudos relacionados co mundo do ensino. Xa na madurez publica en 2008 o seu primeiro libro Por catro perras, guía de tascas e tabernas de Vigo. Tres anos despois saca á luz a novela, Último peaje, unha obra que cabalga entre o Santiago estudantil dos anos setenta e a cidade de Vigo no comezo do presente século. En 2021 recibe o Premio de novela Camiño de Santiago polo libro Cruzados polo camiño, unha obra que transcorre pola ruta xacobea ao fío da visita do papa Ratzinger a Compostela.

(Da ficha na editorial Medulia)