- This event has passed.
María Casares. Memoria viva
15 Novembro 2022 / 19:30 – 21:00
Ciclo Lembrando a María Casares. Dous
Memoria viva de María Casares
Ciclo Lembrando a María Casares.
Con María Lopo.
O proximo 21 de novembro cúmprese o centenario do nacemento de María Victoria Casares Pérez (A Coruña, 21 de novembro de 1922 – Alloue, Charente, Francia, 22 de noviembre de 1996) e o Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de recoñecemento á actriz coa celebración dun ciclo de charlas co nome xenérico de “Lembrando a María Casares”.
Despois do seu exilio a Francia en 1936 (era filla de Casares Quiroga, presidente do goberno da República española con Manuel Azaña) trunfou como actriz de teatro e cine.
Hoxe celembramos a segunda das tres actividades co ciclo:
Memoria viva de María Casares
Martes 15 de novembro ás 19.30 horas.
Biblioteca da EMAO
Con María Lopo
Coa proxección de diversos documentos audiovisuais.
A terceira e última actividade será:
María Casares, Actriz
Martes 22 de novembro, ás 19 horas
Biblioteca da EMAO
Con Carmen Becerra.
Proxección de Les dames du Bois de Boulogne.
Como complemento queremos recomendar dous enlaces para achegarnos á figura de María Casares e á súa transcendencia no mundo da interpretación:
— O capítulo da serie de TVE2 Os Imprescindibles, dedicado a María Casares.
— A web A maison Maria Casarès. (Proxecto teatral, patrimonial, paisaxístico i educativo que fomenta os encontros entre actores i, especialmente, a integración dos máis novos no acompañamento da súa formulación innovadora).
— Unha biblioteca María Casares en París.