Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Literatura insólita. Armando Requeixo.

20 Maio / 19:30 20:30

Presentación do libro Literatura insólita de Armando Requeixo. que recolle artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores. Quen? O autor Armando Requeixo estará acompañado por María Xosé Porteiro. Cando? Mércores 20 de maio ás 19.30 h. Onde? Na biblioteca da EMAO, en García Barbón 5. (pendente de completar !)

2026-05-20 Literatura 1600x1600
O libro

En Literatura insólita recóllense artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores, as outras profesións dos escritores, a precocidade e lonxevidade literarias, sobre mortes novelescas, traizóns póstumas, curiosidades a propósito dos títulos dos libros, as linguas en que foron escritos, as dedicatorias e os volumes raros, exóticos, misteriosos e mesmo prohibidos, tamén sobre as obras que tratan de illas e reinos fabulados, o xadrez, os cemiterios, os trens, o humor, a medicina, as invasións, os naufraxios, as matemáticas, o deporte, os cabalos, os templarios, os paraugas ou a intelixencia artificial, entre moitos outros asuntos sempre insólitos.

(Da ficha na Editorial Galaxia)

O autor

(Mondoñedo, 1971) é crítico literario, secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e profesor da USC. Coordinador de Publicacións e Actividades da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, responsabilizouse de numerosas edicións e estudos de autores galegos dos séculos XX e XXI, ademais de escribir monografías sobre Ánxel Fole, Xosé Díaz Jácome, Xosé María Díaz Castro e Álvaro Cunqueiro, entre outros.

Como crítico literario asinou colaboracións en cabeceiras de Galicia e de fóra desta, e exerce como comentarista nos xornais Faro de Vigo, La Opinión, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

O acto
2026-05-20 Literatura Presenta

.

2026-05-20 Literatura Mesa

.

2026-05-20 Literatura Publico

.

2026-05-20 Literatura Firma

.

2026-05-20 Literatura Grupo

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map