Percorrido urbano. Pacewicz
O vindeiro sábado 7 de marzo, e da man de Rosa Saenz, realizaremos un novo percorrido urbano pola nosa cidade. Neste caso será tras os pasos do arquitecto Michel Pacewicz (1843-1921). O punto de reunión será un dos edificios paradigmáticos de Pacewicz: o Moderno, na Porta do sol. Iniciaremos a andaina ás 11 horas.
