Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Ler a cidade para comprendela

15 Outubro / 19:30 21:00

Ler a cidade para comprendela. Quen? Salvador Fraga, arquitecto, presentado por Teresa Conde-Pumpido. Cando? o mércores 15 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? No novo salón de actos do Ateneo Atlántico, nas instalacións do café Vitruvia (rúa Reconquista 7).

2025-10-15 Salvador Fraga

Nesta primeira actividade do novo curso queremos pararnos a pensar na nosa cidade; Vigo foise facendo polos seus cidadáns ao longo do tempo, cada un cos seus propios afáns, sorteando as dificultades topográficas, históricas e sociais que ían deixando a súa pegada, buscando cada quen satisfacer as súas necesidades ou intereses propios, demasiadas veces, quizais, sen buscar unha postura común ou unha solución máis axeitada ,lonxe da rutina.
Para saber en que punto estamos e cales son os principais problemas que Vigo debe afrontar en tempos con novas necesidades sociais, que posibles solucións poden xurdir do novo PXOUM e cales haberá que afrontar por outros medios, contamos coa axuda de Salvador Fraga que nos guiará nunha lectura de cidadanía consciente que nos permita comprendela e buscar a súa melloria.

Salvador Fraga Rivas é un dos arquitectos vigueses máis recoñecidos: licenciado na ETSAM na especialidade de Urbanismo, foi concelleiro do Concello de Vigo, profesor na ETS de Arquitectura da Coruña e presidente da Delegación do COAG en Vigo.

Ateneo Atlántico

Reconquista 7
Vigo, Galiza 36209 Spain
+ Google Map
696 856 947
Ver a Páxina Web do Recinto