Homenaxe a Emilio Fernández Zunzunegui – Magis
24 Setembro / 19:00 – 21:00
O Ateneo Atlántico prácese en convocar o acto para homenaxear a figura de Emilio Fernández Zunzunegui – Magis como Socio de honra do Ateneo 2026. Será o xoves 24 de setembro, a partir das 19.00 horas, no café Vitruvia (rúa Reconquista 7).

No acto participarán: Chiño Barral, Rafa Ojea, Elvira Landín, Nando Quiroga, Emilio Crespo, Nacho Pérez e Marina Zunzunegui. A actuación musical correrá a cargo de Orisel Gaspar e Pedro Román. Presenta a presidenta do Ateneo Luísa Abad.
O acto será libre ata completar aforo e incluirá un viño galego e petiscos.
Emilio Fernández Zunzunegui
Emilio Fernández Zunzunegui, coñecido como Magis, é un profesor emérito, activista social e figura cultural vencellada a Vigo e á súa contorna.
Estudou Enxenería Industrial na Universidade Politécnica de Madrid, Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela e conta con diplomatura en Ciencias Sociais.
Exerceu a docencia como profesor entre Vigo e o Val Miñor. É membro e forma parte de órganos como a comisión económica do Consello Social da Universidade de Vigo en representación de intereses sociais de Vigo e foi cofundador do Ateneo Atlántico no 2017.
Destaca polo seu activismo na comarca viguesa, o que o levou a recibir recoñecementos como o premio Primeiro de Maio outorgados polo sindicatos CCOO no 2015. Participa habitualmente en foros, conferencias históricas e actividades de entidades culturais locais como o Ateneo Atlántico ou o Ateneo de Pontevedra. Nos últimos anos destaca o seu compromiso por apoiar as loitas cidadáns de Vigo en favor do pobo palestino. Colabora en ciclos de cine e presentacións de obras cinematográficas e culturais, achegando a súa visión sobre clásicos do cine moderno e a memoria histórica.

