- Este evento pasou.
Homenaxe a Castelao
14 Xuño / 08:30 – 20:00
Por mor do 75 aniversario do seu pasamento, a Federación de Ateneos de Galicia organiza un acto-homenaxe á figura de Castelao. A homenaxe estará inserida nunha saída á Rianxo na que ademais, pasaremos unha xornada de confraternización de todos os ateneos galegos.

Programa
- Saída dende o Santa Irene (8.30) ou do lugar habitual no Areal, diante da sede de Zona Franca (9 h.)
- Recepción por parte do alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, 10.30
- Benvidas do Presidente da Federación de Ateneos, Manuel López Rivadulla, e do Presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas.
- Visita guiada polo Rianxo de Castelao (11 horas)
- Ofrenda floral na escultura de Castelao no Paseo Marítimo (12 horas)
- Recital poético Castelao Sempre, con:
- Helena Villar Janeiro
- Xesús Rábade
- Xaime Domínguez Toxo
- Xabier Paz
- Luísa Abad
- Patricia Arias Cachelo
- A partir das 14 horas, xantar de confraternidade co seguinte menú:
- Entradas: empanada e polbo
- Prato principal: carne ao caldeiro ou churrasco
- Sobremesa, café e viño.
- Foliada a cargo dos grupos
- Baraúnda
- Son de gaita.
- Cántico final colectivo da Rianxeira
- Saída para Vigo
- Chegada estimada sobre as 20 horas.
Prezo e Inscrición
A saída, que inclúe o autobús, o seguro de viaxe, a comida e a participación en todas as actividades programadas ten un prezo de 55 euros para persoas socias, e de 65 para non socias.
Para a inscrición, enviar un correo a:
actividades@ateneoatlantico.gal
No asunto, “Saída a Riaxo”; no corpo do texto facer constar o nome, apelidos e número de socia da persoas solicitante.
Enviaremos correo de contestación matizando os últimos detalles da saída.
Lembramos as normas xerrais de selección de persoas participantes para o caso de haber máis solicitudes que prazas: 1. Cada persoa pode anotarse a si mesma e, como máximo, a unha persoa acompañante. 2. Terán prioridade, por esta orde, a/ as persoas socias, b/ socias con acompañante non socia, e c/ persoas non socias.
Cancelación da inscrición e devolución do importe da saída. Dado que a actividade ten unha organización complexa (conxunta por parte de todos os ateneos de Galicia), en caso de querer cancelar a saída con dereito a devolución do importe, haberá que comunicar a decisión de cancelación antes de rematar o día 4 de xuño.