- This event has passed.
Falamos de fotos
28 Febreiro / 11:00 – 13:30
Luces e sombras como recurso creativo é o subtítulo do curso Falamos de fotos que convoca o Ateneo Atlántico. As xuntantas terán lugar tres mércores consecutivos a partir do 21 de febreiro, en horario de 11 a 13.30 horas, na EMAO.
A actividade consiste en conversar sobre fotos: facer fotos e falar de fotos.
Unha foto componse de varios ingredientes pero sobre todo é luz. E a luz ten dirección, ten calidades, ten cores, ten temperatura, crea sombras, da relevo, aplana…
A luz como elemento compositivo será o obxecto do curso que comezará o 21 de febreiro e donde contamos contigo.
O curso remata (se hai acordo) coa organización dunha estadía nun aloxamento rural con sesións de traballo e de toma de fotos.
Organiza: Grupo de fotografía. Ateneo Atlántico
As sesións estarán coordinadas por Jorge R. Seijo, Luís Otero, Rafael Ojea e Juan Oca.
Lugar: EMAO
Horario: das 11 h ás 13,30 h
Dias 21 e 28 de febreiro e 6 de marzo
Prazas limitadas: 20 persoas por orde de inscrición
Requisitos: Estar dispoñible para facer saídas camiñando para afotar á cidade.
Inscricións:
O período de inscricións irá dende o día 8 ao 19 de febreiro de 2024.
Pode ser a través do enlace superior desta mesma páxina
Ou directamente premendo en: https://forms.gle/2szwjTAYwNcTdXGy6