Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Entrega do premio Exeria25

12 Xuño / 19:00 21:00

O acto de entrega do premio da 5ª edición do certame EXERIA de relatos curtos organizado polo Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro terá lugar o xoves 12 de xuño, a partir das 19 horas, no local da Sede da Deputación provincial de Pontevedra en Vigo, rúa Eduardo Chao 17.

2025-06-12 ExeriaEntregaPremio2025

O xurado da V edición do certame EXERIA de relatos curtos, presidido por Xavier Queipo, outorgou o premio ao relato 99,98 do que resultou autor Marcos López Concepción.
O acto de concesión do premio terá lugar o próximo 12 de xuño de 2025 ás 19 horas no local da Deputación en Vigo, rúa Eduardo Chao, 17. O galardón consta dun premio en metálico de 1500 euros, o diploma acreditativo e unha escultura de bronce da artista Cuqui Piñeiro.
No acto de entrega actuarán as cantareiras “As escaravellas do CC Beade”. Intervirán, ademais da presidenta do Ateneo Atlántico, dona Luísa Abad, o presidente do xurado don Xavier Queipo e dona Helena Pousa pola Fundación Xoán Piñeiro.
Esta edición conta co patrocinio da bodega Terras Gaudas e da empresa Vieirasa S. A.
Rematado o acto terá lugar un ágape.

Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo

Eduardo Chao 17
Vigo, Galicia 36202 Spain