cinemAteneo. Dúas letras
28 Xaneiro / 19:30 – 21:00
O cinemAteneo proxecta a curtametraxe Dúas Letras, de Fina Casalderrey e Eloy Varela. Quen? Contaremos coa presenza de Fina Casalderrey e Uxía Blanco. Cando? O mércores 28 de xaneiro, a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (rúa Reconquista 7).

Ficha técnica
- Dirección: Eloy Varela
- Guionista: Fina Casalderrey
- Intérpretes: Celso Casalderey, Claudina Casalderey, Fina Casalderrey, Teresa Fraga, Bernardo García, Mariano García
- Titulo orixinal: Dúas Letras
- Duración: 22′
- País: Galicia
- Ano: 2011
- Argumento: As ausencias, a diglosia lingüística, a emigración, os silencios forzosos… van tatuando no rostro de Áurea as cicatrices do seu drama persoal. Mentres a esperanza de volver a ver ao seu fillo se vai esvaecendo.
- Palmarés
- Premio do público no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (2011)
- Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción no IX Festival de Cans (2012).
- Premio á mellor longametraxe no festival Primavera de Cine (Vigo, 2012).
- (Datos da ficha do filme en culturagal-adudiovisual galego)

