cinemAteneo. The Quiet Girl
12 Novembro / 19:30 – 21:00
A película elixida pola comisión de cine do Ateneo Atlántico para este mes de novembro é The Quiet Girl, de Colm Bairéad. A proxección terá lugar o mércores 12 de novembro a partir das 19.30 horas nos Multicines Norte (Vía Norte 22).

- Título orixinal: An Cailín Ciúin
- Ano: 2022
- Duración: 95 min.
- País: Irlanda
- Dirección: Colm Bairéad
- Guión: Colm Bairéad a partir dunha historia de Claire Keegan, Kate Nic Chonaonaigh, Carolyb Bracken, Joan Sheehy.
- Reparto: Catherine Clinch, Carrie Crowley, Andrew Bennett, Michael Patric,
- A Irlanda rural, 1981. Cáit é unha reservada nena de nove anos que está desatendida por parte do seu pobre, disfuncional e demasiado numerosa familia. Enfróntase en silencio con dificultades na escola e en casa, e aprendeu a pasar desapercibida para cantos a rodean. Cando chega o verán e se achega a data do parto da súa nai, Cáit é enviada a vivir cuns parentes afastados. Sen saber cando volverá a casa, quedará no fogar duns descoñecidos sen máis pertenzas que a roupa que leva posta. Pouco a pouco, e grazas aos coidados da familia Kinsella, Cáit realiza notables progresos e descubre unha nova forma de vivir. Pero nesta casa onde reina o afecto e non parece ter segredos, ela descubre unha dolorosa verdade.
- (Da ficha da película en Filmaffinity)

