Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Ciclo Ciencia 2, Enxeñería da privacidade

10 Xuño / 19:30 21:00

O segundo Faladoiro do ciclo Os mundos científicos de Vigo terá lugar o luns 10 de xuño, coma sempre ás 19.30 no edificio Redeiras da Universidade de Vigo. Nesta ocasión falaremos de Enxeñería da privacidade con Carmela González Troncoso, da EPFL de Lausanne e Fernando Pérez González, da Universidade de VIgo.

2024-06-10- Ciclo Ciencia Dous
Carmela González Troncoso

Nacida en Vigo, é docente da Escola Politécnica Federal (EPFL) de Lausanne na especialidade de enxeñería de telecomunicación e investigadora; é especialista en privacidade.
É especialmente coñecida por dirixir un equipo europeo que traballa no protocolo DP-3T, co obxectivo de crear unha aplicación para rastrexar os contaxios do COVID-19 sen comprometer a privacidade da cidadanía.
A súa tese sobre “Métodos de deseño e análise para tecnoloxías de privacidade” asesorada polo profesor Bart Preneel e a profesora Claudia Díaz, recibiu o Premio Tese do Consorcio Europeo de Investigación para Informática e Matemáticas Seguridade e Xestión de Confianza.
Tamén recibiu polo seu traballo en Enxeñaría de Privacidade o Premio de Protección de Privacidade CNIL-INRIA 2017.

Durante o seu doutoramento foi visitante investigadora en moitos grupos de seguridade coñecidos, entre eles Microsoft Research Cambridge, o Laboratorio de Computación da Universidade de Cambridge ou o laboratorio LCA1 na Escola Politécnica Federal de Lausana.

As súas investigacións céntrase en comprender como lograr unha mellor protección da privacidade desde a construción de sistemas de preservación da privacidade e o desenvolvemento de metodoloxías que axuden á enxeñaría a incorporar fortes garantías de privacidade nos seus deseños; e desenvolver técnicas para cuantificar sistematicamente a información privada que un adversario pode inferir dos datos aos que pode ter acceso.
Tamén investigou sobre a privacidade xenómica e na procura de solucións para permitir o intercambio seguro de datos xenéticos.

UVigo Edificio Redeiras

Rúa da Ribeira do Berbés
Vigo, Pontevedra, Galicia 36202 Spain
+ Google Map
986 13 03 13