Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Certame Exeria 24. Entrega de premios

13 Xuño / 19:30 21:00

Un ano máis, fiel á súa cita, o Ateneo celebra o acto de entrega de premios da edición 2024 do seu certame Exeria. No acto, a madriña desta edición e presidenta do xurado, Inma López Silva, fará público o fallo do xurado encargado da valoración de orixinais. Ademais das palabras das representantes da organización, Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro, contaremos coa actuación musical de Uxía Senlle. Remataremos o acto cun viño galego acompañado de petiscos. Lembra, xoves 13 de xuño, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.

2024-06-13 Premio Exeria24

Abriremos o acto coa primeira das tres cancións coas que nos deleitará Uxía Senlle.
A continuación, e en representación das entidades organizadoras, Luisa Abad e Helena Pousa presentarán o acto e darán a benvida ás persoas asistentes.
Segunda peza musical con Uxía.
Inma López Silva, madriña desta edición do Exeria24 e presidenta do xurado fará públicos os relatos premiados co accésit e o primeiro premio.
Entrega de premios: 500 euros e diploma para o relato finalista e 1000 euros, bronce de Cuqui Piñeiro e diploma para o relato gañador.
Lectura do relato gañador a cargo de Toñi Caseiro.
Actuación final de Uxía.
Viño e petiscos.

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map