Terceira Merendola Feminista

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

A comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha terceira edición das súas merendolas feministas. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós mesmas traemos. Dado que nas dúas xuntanzas anteriores nos faltou tempo, pensamos en continuar a parolada arredor do tema da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o martes 28 de maio, a partir das 19 horas no local do Ateneo.

Presentación libro. Carmiña Sierra

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Carmiña Sierra, A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos, é o libro que o Ateneo ten a honra de presentar o d martes 4 de xuño, a partir das 19.30horas, na biblioteca da EMAO. No acto contaremos coa participación da autora, Aurora Marco, e coa do noso compañeiro Carlos L. Bernárdez como presentador.