UXÍA


No ano 2006, esta mociña chamada Uxía, tendo quince anos, cría
estar namorada dun mozo moito maior que ela, el chamábase Antón,
tiña vinte e catro anos, aínda que el sabía que estar con Uxía
era un erro, o seu corazón lle dicía que en ela había atopado o
amor, o cal cría que ela cambiaría a súa vida para sempre, de
feito o fixo, pero non da maneira que el se imaxinaba.


Coñecéronse un día chuvioso, ían sos camiñando cada un por o
seu lado, pero o destino uniu os seus camiños dunha maneira moi
inesperada. El camiñando sen rumbo, ese día había perdido un
familiar moi querido, ía chorando penosamente e ela coa súa
inocencia parouse fronte a el e lle tendeu a súa man convidándoo a
camiñar na súa compañía, el aceptou e sen razón algunha
abrazouna, o amor que atopábase no ar os había unido, sentiron unha
maxia que nunca habían sentido, o bichoco do amor lles había
picado.


A partir dese encontro non se volveron ver, pero un día o destino
os volveu a unir, Uxía atopouno na escola, ao parecer este home
había entrado a traballar alí de profesor de historia, ela
sorprendida ao velo saudouno, Antón sorprendeuse ao vela, pero
agradoulle ese reencontro. Dende ese momento a vida de ambos os dous
comezou a cambiar, crían estar namorados, pero había algo desa
relación que non era correcto, e iso era, que el estaba casado e
vivía coa súa muller. A Uxía non lle gustaba nada compartir a
Antón con outra, pero o amor puido máis. Un día Antón lle propón
a ela que se vexan fóra da escola, pídelle que late á escola para
poder levala a súa casa, xa que pola mañá a súa muller non se
atopaba nela. Uxía acepta o seu convite e vai a casa, neste lugar
perde a virxindade, toda a súa inocencia estábase indo, ela inda
estaba medrando.


Despois dese acto que cometeu Antón deixou de falarlle, chorando
penosamente buscou consolo nas súas amigas, estas non saben como
axudala posto que endexamais pasaron polo que pasou Uxía.


O susto agora era maior, Uxía tiña un atraso na regra, a súa
vida estaba cambiando porque unha nova vida estaba medrando dentro do
seu corpo. O día que confirmouse o seu embarazo foi correndo a
contarlle a Antón que ía ter un fillo, pero el a recibir a noticia
foise sen dicirlle nin unha palabra. Uxía afogada en pranto lles
conta aos seus pais todo o que está pasando, eles anoxados e
decepcionados dos seus actos, deciden que o mellor ía ser que se
fóra, que abandone a súa casa, porque eles non querían saber nada
coa noticia que lles había contado.


Ela sen lugar a onde ir, decide pedir axuda aos seus tíos, eles a
recibiron con moito agarimo e lle deron todo o seu apoio. Todo o
embarazo pasouno moi mal, tivo perdidas que poñían en perigo a súa
vida e a do seu bebé, que mesmo sen nacer ela amaba apaixonadamente.


Chegou o día en que ía dar a luz, Antón apareceu despois de
nove meses e lle pide “por favor” que non lle diga a ninguén que
este bebé é seu, porque non quería que a súa muller se decatase
que estivo con outra, e moito menos que ía ter un fillo. Prometeu
estar presente no momento do parto, pero as súas palabras soaban tan
cínicas que xa se atopaba ausente de alí. Uxía tivo o seu bebé,
ansiosa por velo, o xefe de xinecoloxía comunícalle que o seu bebé
foi roubado, ela desesperada chama a Antón, este non contesta nin
aparece, o cal fai que teña unha certa desconfianza de que foi el o
que se levou o seu fillo.


Cando saíu do hospital o primeiro que fixo foi ir na procura de
Antón, el había desaparecido, na casa onde vivía non había
ninguén. Non tiña onde buscalo, así que denunciou a desaparición
de Breixo López Costas, o seu pequeno bebé que incluso non puidera
ter nos seus brazos.


A súa busca comezou a ser a razón do seu existir, ese fillo que
había tido cambiara totalmente a súa vida, pero agora o non telo
era aínda máis desesperante, cos seus dezaseis anos, emprende unha
viaxe do que non volverá ata atopar a ese pequeno ser que saíu das
súas entrañas e que tanto cambiou a súa vida, pero sen el, ela non
ten razón de vivila.


Antón, era o responsable da desaparición de Breixo, el foi quen
o roubou para dalo en adopción a unha familia que vivía no sur de
España, todo ocorrera nunha cidade do noroeste do mesmo país, a
razón do seu actuar foi que tiña medo que a súa muller e toda a
súa familia se decatase que estivo cunha moza moito máis nova que
el, e moito máis medo lle daba, que se soubese que tiveran un fillo.


Igualmente a súa covardía era o que o facía sentirse tan mal,
despois de abandonar o seu propio fillo a anguria o estaba
consumindo, esa desesperación por agocharse o fixo caer nunha
depresión que só el entendía, pero a súa familia aínda non
comprendía o porqué se quixo mudar con tanta rapidez, el atopábase
no sur, pretendía que Uxía nunca o atopase, porque presentía que
ela xa se había dado conta que el fóra o responsable da
desaparición de Breixo.


Uxía, non paraba de buscalo, pero sendo menor era moi difícil
que as autoridades a escoitaran, os seus tíos como non eran os seus
titores legalmente tampouco a podían axudar, así que non lle quedou
outra opción que ir na procura da axuda dos seus pais, despois de
tantos meses sen establecer contacto o medo que nacía en Uxía era
indescritible, ela tiña medo que non a quixeran axudar, pero iso non
pasou, todo o contrario, eles mostráronse dispostos a axudala, e lle
pediron perdón por habela botado daquel xeito da casa cando lles
dixo que estaba embarazada.


Os pais de Uxía contrataron unha avogada amiga para poder dar co
paradoiro de Antón, xa que case non había dubidas que el o levara.


O tempo pasaba, Breixo medraba xunto a unha familia que non era a
súa, mentres a súa verdadeira familia buscábao sen descanso.


En cambio Antón, pensaba que era o correcto, sen deterse a razoar
que non era así, o mellor lugar para Breixo era estar xunto a súa
nai Uxía, que pola súa culpa estaba sufrindo a ausencia do seu
pequeno fillo.


Pasaban as horas, pasaban os días, pasaban os meses, os anos, e
seguían sen ter noticias de Breixo, a pesar de todo Uxía non perdía
as esperanzas de que algún día ía atopar o seu fillo. Chegou o día
do reencontro con Antón, el foi capturado pola policía nun
establecemento comercial do sur e foi trasladado a Madrid. Alí
reencontrouse con Uxía, ela sentía aínda aprecio cara el, ata o
momento que el confesou que había sido o responsable de todo, a
partir dese intre Uxía borrou todo sentimento que podía sentir
dentro do seu corazón.


A pesar que Antón confesou a verdade, non sabía onde estaba
Breixo, porque cando o deixou non se preocupou por pescudar a onde o
levaban, el o deixou, e non soubo máis del. Uxía cada vez se sentía
peor, por iso pediu falar con el a soas para preguntarlle por qué
lle arrincou do seu carón o seu fillo, por qué regalou o seu propio
fillo, ela preguntábase iso tódolos días, tivo a oportunidade de
preguntarllo, pero el só dicía que por medo.


A xustiza non puido facer nada en contra del, porque por máis que
confesara, queiran ou non, tiña dereitos porque era o pai e non o
poden xulgar por elo. O que si fixeron foi metelo na cárcere con
fianza por haberlles mentido; pero a súa fianza foi pagada e el
quedou en liberdade. Uxía despois destas noticias estaba indignada,
non podía crer que despois do que fixo estivera tan tranquilo como
se nada ocorrera.


Unha mañá, Uxía estaba saíndo da súa casa cando se decata que
Antón está agardando por ela para dicirlle o moi arrepentido que se
atopaba e que quería axudala a atopar a Breixo, porque en definitiva
tamén era o seu fillo. Uxía aceptou a axuda, inda que non o perdoa,
e acláralle que unha vez que o atopen el non ía ter o dereito de
parte dela para ver a Breixo. Antón acepta as súas condicións
porque non sinte a necesidade de velo, porque nunca quixo ter ese
fillo, e menos agora que o seu matrimonio se había destruído a
causa de todo o que pasara, a súa muller decatouse e non puido
perdoalo, el sente que a vida non ten senso xa, pero quere
reconstruíla, mesmo que se sente culpable por haber roubado o bebé
e habelo dado en adopción sen a autorización da nai, e sente que
iso non o vai deixar durmir en paz, por iso tomou a decisión de
axudar a Uxía a atopar a ese meniño que xa ten tres anos.


A procura é cada vez máis profunda, Uxía está con máis
esperanzas que nunca, ela está convencida que vai atopar o seu
fillo.


Uxía e Antón sentáronse un día e falaron claramente, ela lle
confesou que estivo moi namorada del, asemade de dicirlle que non
comprendía por qué fixo cousa semellante, el en cambio lle confesou
que sentiu algo forte por ela pero que non era máis que algo
pasaxeiro, tamén lle dixo que despois de haber feito o amor con ela
entendeu que esa relación era algo imposible, algo que non estaba
ben, por iso decidiu rematala, pero que ese fillo arruinou todo; ela
en cambio lle dixo que Breixo había cambiado a súa vida, pero para
ben, porque o amaba como nunca ía volver amar, e lle recriminou que
pola súa culpa ela non o tiña, e que sentía un baleiro inmenso.
Antón rompeuse e comezou a chorar como endexamais fixera na súa
vida, o seu arrepentimento Uxía o sentía pero iso non era
suficiente para perdoalo.


Unha chamada telefónica impacta a Uxía, ao parecer o seu fillo
había sido sacado do país e á avogada lle explicou que agora era
case imposible de atopalo, e máis imposible era, xa que Breixo foi
adoptado ilegalmente, o que quería dicir que non había rexistros de
quen o adoptou e moito menos a onde o levaron. Uxía sentiuse
devastada, esa noticia abafouna, ó pensar que nunca volvería a ver
o seu pequeno fillo a fixo odiar moito máis a Antón. Este sentiuse
moi culpable e non se puido perdoar, tivo tres intentos de suicidio,
ata que un día o logrou, deixou unha carta explicando cada un dos
seus sentimentos:


“Uxía, sei que esta carta é en van porque ti nunca me vas a
perdoar o que che fixen, de feito, nin eu logro perdoarme, por iso
fago o que fago, fun moi estúpido pensar que ese fillo arruinoume a
vida. Non me vou a cansar de pedirte perdón, incluso que sei que
nunca o vou a ter, eu cho sigo pedindo, perdón.


Aínda que non me cres che quixen moito, e tiven moito medo a
pensar que a miña vida cambiaría con ese fillo que non buscamos, eu
admito que sempre soñei con ter un fillo, pero non así, e menos
contigo, porque eras unha nena, mellor dito, es unha nena aínda para
min, unha nena nai, iso é o que máis me doe que che arruinei a
vida, ti non tiñas a culpa de nada, eu che incitei a que fixeras o
que fixestes, a que te xogaras a vida por min, pero eu como te darás
conta non valía nin valo mágoa algunha.


Perdóame por todo, pídote perdón por haberche roubado a
adolescencia, a vida e ao noso fillo, non me canso de dicirche que me
perdoes, inda che sigo querendo mesmo que non me creas, deséxoche
unha vida chea de felicidade e oxalá logres atopar a Breixo.


Moitos bicos. Perdóame. Antón”.


Uxía non paraba de ler esa carta que tanto a impactaba, aínda
que ela o odiaba, algo no seu interior dicía que a pesar de todo o
perdoaba, pero aínda non lograba dicilo en voz alta porque perdoar a
persoa que che roubou o que máis amas é moi difícil de aceptar,
pero ela sentiu que verdadeiramente arrepentiuse por iso se suicidou,
pero tamén o vía como un covarde por quitarse a vida así, e as
ganas de perdoalo se ían cada vez que o pensaba desa maneira.


Ela resignouse a non atopar o seu fillo, mesmo que no seu interior
unha gotiña de esperanza quedaba.


Comezou a rearmar a súa vida, os anos pasaban, logrou formar unha
familia, esa familia que tanto desexaba. Foi mamá por segunda vez, e
ese fillo encheulle parte do baleiro que sentía por perder o seu
pequeno bebé anos atrás, tivo unha nena a que chamou Circe. Esta
filla que tivo co seu marido Marcos, encheu a súa vida.


Incluso que xa pasaran quince anos da desaparición de Breixo, a
investigación inda seguía, porén case ninguén tiña coñecemento
dilo. Unha noite chaman a casa de Uxía e lle dan a noticia que
atoparon a Breixo, ela abraiada abrazou o seu marido e lle deu a
noticia, el cheo de felicidade a levou ao lugar do encontro. Cando
chegaron, atopáronse cun adolescente chamado Manuel, Uxía o
abrazaba e non podía crer que ao fin o habían atopado, ao parecer
Breixo vivía nunha familia de moito diñeiro e non lle faltaba de
nada, moito menos cariño. Como era de pensar, Breixo non cría moito
o que lle dicían e pedían a gritos que se quería ir coa súa
familia, para el Uxía non era súa nai e lle pedía perdón, pero
dicía que el non tiña a culpa que os houbesen separado, el era
soamente un bebé que foi roubado das mans da súa nai e foi dado en
adopción a outra familia, e aínda que a Uxía lle doia, Breixo é o
seu fillo de sangue pero non do corazón, para el, ela é unha
completa descoñecida.


Uxía choraba a mares e dicía: Por qué me pasa isto? Por qué
che arrincaron dos meus brazos? Breixo fixo algo que a calmou, deulle
unha forte aperta e lle dixo que a pesar de todo el a ía seguir
vendo, pero que non pretendera que a chamase mamá porque el xa tiña
unha mamá, e aínda que doia esa é a verdade.


Uxía logrou atopar o seu fillo, pero lamentablemente o bebé que
perdeu medrou, e lle dou a entender que a quere seguir vendo pero que
para el nunca vai ser a súa nai, isto a Uxía lle doeu moito, pero
logrou saír adiante coa forza que lle daba a súa pequena filla de
tres anos, ela si a chamaba mamá, e iso a Uxía a enchía de
felicidade.


A vida lle deu golpes, pero un día soubo recompensala, aínda que
sufriu moito tamén tivo moitas oportunidades de rir, incluíndo que
o destino lle xogou unha mala pasada tamén soubo encher eses espazos
baleiros que levaba no seu interior. Cando cometes erros, os erros
che volven en contra, Uxía cometeu un erro moi grande, que foi
namorarse dun home prohibido, este home chamado Antón arruinou parte
da súa vida pola covardía que o rodeaba, pola maldade que tivo ao
arrincar a un bebé recen nacido das mans da súa nai.


E aínda que Uxía nunca o perdoou, tampouco entendeu as razóns
dos seus actos, ese bebé que lle cambiou a vida a fundiu nun
profundo dor ao perdelo, que ata o día que morra levará no seu
corazón; a pesar de que agora ten razóns para vivir, esa dor non a
deixa durmir, oxalá algún día Uxía poida saír desa profunda dor
que lle causou ese home que tanto a magoou, ela é forte e vai a
poder saír, a forza que ela ten ninguén a logrará sentir, ela é
unha verdadeira loitadora, loitou contra o mundo cando estaba na súa
contra, e logrou ganar batallas que ninguén sería capaz, por iso e
moito máis Uxía ten que durmir en paz.






Autor: Manel Monteagudo