Ateneo na casa
Achegas durante o confinamento
Poemas
Ela
Maite Herrero
“NIN O TEU PEOR ENEMIGO PODE FACERCHE TANTO DANO COMO OS TEUS PENSAMENTOS”
Buda
ELA, moi de mañanciña, abre as fiestras de par en par e invita a
pasar a primavera.
ELA, gostaba de saúdar ó mar cada día, moi pertiño, sentindo o
seu arrecendo salado na pituitaria. Agora, o saúdo faino dende a
lonxania.
ELA, sente latexar no interior da súa cabeza, palabras novas que
veñen de fóra, catro palabras ingratas e agresivas. Coronaviruspandemia-confinamento-corentena.
ELA, opta por crear un escudo protector que teña a facultade de
producir un rebote.
ELA, sae ó exterior e pisa terra. Na pequena horta das aromáticas,
medran lavanda,tomiño, romeu, ourego, herba Luisa, perixel…,
percibe o seu aroma.
ELA, escolle outras catro palabras chave, catalizadoras para
cambiar de ruta. Amor-Agradecemento- solidariedade- esperanza.
ELA, escoita no mobil o audio que enviou Begoña, “Aleluia” de
Leonrd Cohen. Ábrense as comportas do seu corazón!.
ELA, escudriñando a paisaxe, perfila coa súa ollada a silueta das
montañas e enfocando os seus ollos cara o ceo, deliña as formas
das nubes caprichosas.
No camiño novo non hai lugar para o medo. ELA, a miña mellor
amiga, comentoume que lle resultaba entretido xogar levando as
historias á vida e a vida ás historias.
Meira, 25 marzo de 2020
Maite Herrero Ameijeiras
Sen título
Ana Alonso
E un día nos dixeron
quédense nas súas casas,
un inimigo pequeno,
un nano inimigo axexa fóra, nas rúas.
Trae consigo a enfermidade, a morte.
E quedamos
quedámonos na nosa casa,
na nosa morada e descubrimos un refuxioun fogar.
Inventamos novas formas de existir
de vivir…
Decatámonos do verdadeiramente importante
da maxia dun sorriso, dunha ollada amiga
dunha aperta…
Compartir unha cervexa…
Ir ao cine. a unha exposición, ao teatro…
A ledicia do xogo dun neno, dunha nena.
Un raio de sol no solpor…
regalo da nai natureza.
Dímonos de conta da nosa pequenez,
da nosa fraxilidade…
De como dependemos unhas persoas
das outras…
Entramos en conexión coas demais cada día
nun empático e concentrado aplauso…
Comezamos a facernos preguntas
Quénes somos, qué facemos aquí…
A escoitarnos a nós mesmas…
Aprendimos que ser era mellor que ter
É primavera fóra fai sol
e estou na casa
sigo as instruccións
quédate na casa.
Sueños robados
Reme Copa
Le han robado sus sueños
sin que advirtiera entonces
que sin sueños, no había vida.
Le han robado sus recursos
sin que advirtiera que con ellos
le estaban arrebatando su libertad.
Le infundieron el miedo
sin que advirtiera
que con él sería esclavo y rehén.
Le arrebataron su dignidad
sin que advirtiera que sin ella
el ser humano no es nada.
Le habían arrebatado todo
sin que advirtiera que ahora,
lo siguiente sería arrebatarle la vida.