Cambio de local do Ateneo

Estimadas socias e socios:

Queremos comentarvos que tras unha breve estancia no Vitruvia, e debido ás moitas queixas recibidas, decidimos buscar outro local.
Dende o 1 de marzo trasladarémonos a un baixo da Rúa Hernán Cortés, en concreto ao baixo dereita do número 28.
Agardamos que este novo local sexa do voso agrado.
Temos que decirvos que aí faremos as reunións, o cine, o club de lectura e presentacións de libros.
Seguiremos en colaboración coa EMAO, os Cines Norte, A Casa Galega da Cultura , a Deputación .. e tamén o Vitruvia. En cada actividade trataremos de que o local escollido se adapte o máximo á tematica que desenvolvamos.

Un saúdo.
A presidenta Luísa Abad