Foto-Poemas
Mónica González Alonso
Carnoso corazón,
savia perfumada, menciñal.
Baixo o sol primaveral,
quixera sangar as miñas veas,
na liberdade dos teus tépedos espiños.
Luz violeta
baixo o sol.
Rosado centro,
raiado de fértiles
pistilos livados.
Sempre voltarán a ti as volvoretas.
A vida agroma
no abril roubado.
O outono caeu.
A súa testa
verteuse
no chan.
Secuestrado.
Sangue
liberada.
Flúe en rosa vermella.
A primavera roubada
arrecende a amarelo.
Sol de luz
Mel de abellas
Sombras gradadas
nos teus pétalos.
arrecende a amarelo.
Sol de luz
Mel de abellas
Sombras gradadas
nos teus pétalos.