Certame Exeria de relatos breves
2ª edición, maio 2022
Acta do Xurado
Sendo as 19.30 horas do día 8 de xuño de 2022 reúnese o xurado do 2º premio Exeria formado por:
Rexina Rodríguez Vega, presidenta da xurado.
Xosé G. Barral Sánchez, polo Ateneo Atlántico.
Helena Pousa Ortega, pola Fundación Xoán Piñeiro.
Azucena Arias Fernández, gañadora da 1ª edición do certame, na súa modalidade de poesía.
Nones Araújo Fernández, gañadora da 1ª edición do certame, modalidade relato curto.
Luisa Abad Abad, Secretaria, con voz e sen voto.
Unha vez realizadas as pertinentes deliberacións, e por unanimidade, o xurado decide outorgar o primeiro premio do 2º Certame Exeria ao orixinal titulado “Meditacións”, valorando de xeito especial os riscos de humor que caracterizan o relato, a súa estrutura equilibrada e o final sorprendente.
No tocante ao accésit, o orixinal premiado é o titulado “Nocturno de Vigo”, valorando, neste caso, o xeito en que está artellado o relato, o feito de ter unha voz propia e o uso da linguaxe de forma precisa.
O xurado fará entrega do resultado do fallo á persoa responsable da custodia dos documentos para que abra as plicas correspondentes e proceda a comunicar o resultado aos premiados premiadas.
Péchase a sesión sendo as 20.30 horas.
A Secretaria, Luisa Abad Abad
Nota
Unha vez abertas as plicas, os relatos gañadores resultan ser
- Gañador: Meditacións, de Xosé Alfredo Naz
- Finalista: Nocturno de Vigo, de Alberte Momán
O Ateneo Atlántico felicita aos gañadores e agradece a todos os autores e autoras a súa participación.