Nailía, de Loli Rodríguez. Club de Lectura decembro 2026
18 Novembro / 18:30 – 20:00
O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de novembro (xuntanza 2 de decembro) é “Nailía” d, de Loli Rodríguez Rodríguez publicado por Editoriál Galaxia no ano 2025 e que foi Premio Torrente Ballester no ano 2024. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo).

A obra
Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón. Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos atrancos da vida, conserva a ledicia e a bondade, a ansia por aprender e superarse, sempre coa lembranza dun idealizado amor de xuventude que a axuda a elevarse por riba da súa propia realidade. O xurado do Premio Torrente Ballester destacou a boa narración e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e estrutura, pero moi actual no xeito de abordar o relato. Tamén salientou a representación de mulleres diversas, as imaxes poéticas e o manexo dos diálogos.
Fonte: Editorial Galaxia
A autora. Loli Rodríguez
Rodríguez Rodríguez, Loli
Loli Rodríguez Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Abandonou esa profesión para pórse á fronte dunha librería-papelería durante preto de vinte anos. Na actualidade traballa como celadora no hospital do Meixoeiro de Vigo. En 2023 publicou a súa primeira novela, Os nomes de Val.
Fonte: Editorial Galaxia

