Saída a Celanova e Xurés
25 Outubro / 08:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico organiza unha saída á Celanova e ao Xurés para o vindeiro domingo 25 de outubro de 2026. A saída será ás 8.30 horas desde o Instituto Santa Irene e ás 9.00h. da mañá desde a rúa Areal (antigo Reitorado). A hora prevista de regreso será arredor das 21 horas (a hora e os lugares de saída poden variar lixeiramente e confirmaranse !)

Programa (pendente de completar)
-Saída: 8.30 h. no Instituto Santa Irene, 9.00 h. rúa Areal (antigo Reitorado)
-Visita á Cova de San Vivián (Vilanova dos Infentes)
-Mosteiro de San Salvador (Celanova)
-Capela de S. Miguel (Celanova)
-Xantar buffet no Hotel Caldaria de Lobios
-Baños do Río Caldo e Xacemento Aquis Querquennis
-Chegada a Vigo: 21.00 h.
Inscrición (pendente de completar)
A INSCRICIÓN para a excursión a Celanova e Xurés ábrese o XXX de 2026.
O custo para socios é XX euros, non socios XX euros. A maiores hai que abonar 3 euros na entrada do mosteiro de Celanova.
A inscrición inclúe: visita á Cova de San Vivián (Vilanova dos Infentes), ao Mosteiro de San Salvador en Celanova (previo pago de 3 euros) e capela de S. Miguel (Celanova), aos Baños do Río Caldo e Xacemento Aquis Querquennis; e transporte, xantar buffet no Hotel Caldaria de Lobios (a carón do río Caldo), e seguro de viaxe.
O procedemento de inscrición é:
1.- Enviade un whasap co nome e apelidos a XXX.
2.- Ela vai respondervos indicando a referencia e o número de conta para ingresar.
3.- En canto nos confirme a axencia ese ingreso xa estades apuntadas, non fai falta mais confirmación.
As CONDICIÓNS para anotarse son:
1 Cada persoa pode anotarse a si mesma e, como máximo, a unha acompañante.
2 Terán prioridade (1) as persoas socias, (2) socias con acompañante non socia, (3) non socias.
3 CANCELACIONS. Para cancelar e ter dereito ao reembolso do importe so se poderá facer con 72 horas de antelación á saída.

