Es hoy. Clube de lectura. Novembro 2026
4 Novembro / 18:30 – 20:00
O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza 4 de novembro) é “Es hoy” do debuxamte madrileño Carlos Giménez publicado por Reservoir Books no ano 2020. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita).

A obra
Tras “Crisálida” e” Canción de navidad”, chega o peche da “Trilogía del crepúsculo”.
En “Es hoy” atópase o testamento artístico de Carlos Giménez, o seu gran álbum autobiográfico sobre o final da vida.
A última obra mestra de Carlos Giménez titúlase Es hoy e tamén é, con toda probabilidade, o seu cómic máis experimental. Nesta ocasión o tío Pablo, protagonista dos anteriores Crisálida e Canción de Navidad, narrará en primeira persoa a súa propia morte, nun sereno e bienhumorado diálogo consigo mesmo.
Alén de ser un brillante exercicio técnico, onde Giménez demostra o seu dominio na arte do guion, Es hoy tamén se pode ler como unha visita a eses momentos á vez estelares e triviais que dotan de sentido ás nosas vidas; neles, ademais, o autor confésase como nunca antes na súa obra autobiográfica.
Sen dúbida, o peche da súa triloxía narrativa máis recente sérvelle a Carlos Giménez para ensaiar un novo e precioso epílogo á súa carreira.
Fonte: Casa del libro
O autor. Carlos Giménez
Carlos Giménez (Madrid, 1941) é o autor máis importante da historieta española das últimas cinco décadas. Cronista da transición política na triloxía España: Una, Grande y Libre (1976-1977) e autor do mellor retrato interior do mundo do cómic español na serie Los Profesionales (1981-2023), é tamén o máximo expoñente do cómic autobiográfico coas series Paracuellos (1976-2022) e Barrio (1977-2001), ou en álbums como Rambla arriba, Rambla abaijo (1985) e os máis recentes Crisálida (2016), Canción de Navidad (2018) e Es hoy (2020), que conforman a Trilogía del crepúsculo. Noutros traballos, centrou a súa atención na Guerra Civil española, coa tetraloxía 36-39. Realizou ademais, ao longo da súa dilatada carreira, algúns dos mellores cómics españois de ciencia ficción. Recibiu importantes galardóns na súa traxectoria creativa.

