Cargando eventos

« Todos os eventos

cinemAteneo. Contraaluz de Teo Abad

10 Xuño / 19:00 21:00

O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o documental Contraaluz de Teo Abad. Quen? O autor Teo Abad será presentado pola actriz Uxía Abad. Cando? Mércores 10 de xuño, a partir das 19.00 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2. Vigo. (pendente de completar !)

2026-05-11-LogoAteneo-600x600
A obra

Mulleres acosadas, maltratadas, ameazadas. Mulleres que sen embargo no quixeron quedarse na casa rumiando a súa desesperanza e decidiron pasar a acción. Porque contra a forza bruta e a violencia física, xorde unha nova alternativa: a autodefensa. Frente a agresión machista, que nos é inculcada diariamente polos medios de comunicación, moitas mulleres dixeron basta. Sairon do contraluz as que os someten os medios e advirten ós que abusan da súa forza de que xa no poden facelo máis. Que existe unha resposta ó contraluz. Que están aquí, visibles e dispostas ó combate.

Guión e dirección: Teo Manuel Abad
Producción: Sergio Abad, Diego Casal
Productora: Formateo S.L.
Tipo: Longametraxe documental
Xénero: Social
Ano: 2017
Duración: 67 min.

(Da ficha da obra na web do autor)

O autor

Manuel Abad Abad, coñecido artisticamente como Teo Abad, nado na Coruña o 15 de setembro de 1953, é un director, realizador e fotógrafo galego de cine e televisión.
Nos anos 70 formou parte dos grupos pioneiros do cine galego contemporáneo a través do equipo “Imaxe”. Máis tarde participou na fundación da produtora audiovisual galega Espello Video Cine e, como fotógrafo, en grupos experimentais. Foi correspondente gráfico e seleccionado para o primeiro Anuario Fotográfico Español.
Na década dos noventa formou parte da nova xeración de videocreadores. Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Foi socio fundador tamén de varias as compañías audiovisuais, ademais de creador de formatos para varias produtoras. Tamén formou parte da primeira promoción que puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde foi Xefe de Realización.

(Da ficha do aoutor na Wikipedia)