Begoña Caamaño, xornalismo para a cidadanía
4 Xuño / 19:30 – 21:00
Presentación do libro “Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Santiago” escrito por María Xosé Porteiro. Quen? A autora M. Xosé Porteiro (compañeira e amiga de Begoña) conversará con Bea Caamaño (irmá de Begoña) e Uxía Senlle (amiga). Cando? Xoves 4 de xuño ás 19.30 h. Onde? No Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés 28 baixo). (Contido pendente de completar !)

O libro
Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, participou activamente no movemento feminista.
María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga, fai en Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía, un percorrido pola súa traxectoria profesional e a súa pegada neste ámbito, onde conflúen xornalismo e literatura.
(Da ficha do libro na Editorial Galaxia)
A autora
María Xosé Porteiro é xornalista, escritora e feminista. Traballou en prensa e radio en medios de comunicación. Foi tenente de alcalde do Concello de Vigo, onde creou a primeira Concellería de Igualdade e a Casa de Acollida de Galicia, e xefa de Prensa e Relacións Públicas Foi deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados ademais doutros cargos. Formou parte do Consello da Cultura Galega, onde dirixiu o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). En 2009 recibiu a Encomenda ao Mérito Civil pola súa contribución á política exterior española, e desde agosto de 2019 é adxunta á Valedora do Pobo. É socia de honra do Ateneo Atlántico.
(Da ficha da autora na Editorial Galaxia)

