Cargando eventos

« Todos os eventos

Excursión a Ourense e Celanova

23 Maio / 08:30 21:00

O Ateneo Atlántico organiza unha saída á Ourense e Celanova para o vindeiro sábado 23 de maio de 2026. A saída será ás 8.30 horas desde o instituto Santa Irene e ás 9 da mañá desde a rúa Areal (antigo Reitorado). A hora prevista de regreso será arredor das 21 horas (a hora e os lugares de saída poden variar lixeiramente e confirmaranse !)

2026-05-11-LogoAteneo-600x600
Inscricións

A INSCRICIÓN para a excursión a Ourense e Celanova abrese o sábado 9 de maio de 2026.

O custo para socias é 45 euros, non socias 55 euros. A maiores hai que abonar 3 euros na entrada do mosteiro de Celanova.

A inscrición inclúe: transporte, visita guiada á exposición de José Suárez, xantar buffet no Hotel Caldaria de Lobios (a carón do río Caldo), visita ao Mosteiro de Celanova e capela de S. Miguel (previo pago de 3 euros) e a Castro Mao (poboado castrexo con excelentes vistas); e seguro de viaxe.

O procedemento de inscrición é:
1.- Enviade un whasap co nome e apelidos a Encarna 635.685.868.
2.- Ela vai respondervos indicando a referencia e o número de conta para ingresar.
3.- En canto nos confirme a axencia ese ingreso xa estades apuntadas, non fai falta mais confirmación.

As CONDICIÓNS para anotarse son:
1 Cada persoa pode anotarse a si mesma e, como máximo, a unha acompañante.
2 Terán prioridade (1) as persoas socias, (2) socias con acompañante non socia, (3) non socias.
3 CANCELACIONS. Para cancelar e ter dereito ao reembolso do importe so se poderá facer con 72 horas de antelación á saída.