Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Madrugadas feroces. Luz Darriba.

14 Maio / 19:30 – 20:30

Presentación do libro Madrugadas feroces de Luz Darriba e lectura de poemas de diversos poetas.
Quen? A autora Luz Darriba qie estará acompañada por diversos poetas achegados. Cando? Xoves 14 de maio ás 19.30 h. Onde? No local do Ateneo (Hernán Cortés 28 Baixo). (Pendente de completar !)

2026-05-14 Madrugadas 1600x1600
A obra

Madrugadas feroces é un poemario combinado cunha obra gráfica que está enfocado especialmente a persoas interesadas na literatura e a poesía. A presentación da obra combina a lectura de fragmentos da obra e a descrición dos detalles da súa edición. O evento é unha oportunidade para ver como se materializan os proxectos de creación literaria e artística, permitindo que os asistentes se acheguen á obra nun formato que facilita a interacción e o diálogo sobre o contido do libro.

A autora

Luz Darriba Magadán, nada en Montevideo en 1954, é unha artista uruguaia que cultiva varias disciplinas como a pintura, ilustración e a escritura. Desde 1990 reside en España, país do cal ten a nacionalidade.

A súa popularidade débese en parte ás súas macroaccións urbanas, que comezaron no ano 2000 con CUMULUM, un proxecto que rodeou os 2300 metros de perímetro da muralla romana de Lugo con máis de medio millón de libros, para que este monumento fose declarado patrimonio da humanidade pola Unesco, obxectivo finalmente logrado a finais dese mesmo ano. Desde entón, realizou máis de corenta macroaccións urbanas en diferentes países, sendo a súa temática principal a denuncia da discriminación e a violencia contra as mulleres

(Da ficha da autora na Wikipedia)

O acto
2026-05-14 Madrugadas publico

.

2026-05-14 Madrugadas Grupo

.

2026-05-14 Madrugadas Cartel

.

2026-05-14 Madrugadas Mesa

Local Ateneo

Hernán Cortés 28 Baixo D
Vigo, Galicia 36203 Spain
+ Google Map