Cargando eventos

« Todos os eventos

Cristianismo e filosofía

7 Maio / 19:30 20:30

Presentación do libro de Juan Curráis Porrúa Cristianismo e filosofía, Ensaio crítico sobre a helenización da relixión cristiá.
Quen? O autor Juan Curráis estará acompañado por Ángel Pérez e Antonio Piñero. Cando? Xoves 7 de maio ás 19.30 h. Onde? Local Ateneo (r/ Hernán Cortés 28 baixo). (Pendente de completar !)

2026-05-07-Cristianismo-1600x900
O libro

O presente libro vai dirixido a lectores con mentalidade aberta e con capacidade crítica para repensar o cristianismo desde unha perspectiva diferente á teolóxica, tradicionalmente hexemónica, o que supón pensar ao contraxeito. A teoloxía parte da posesión da verdade, revelada en libros sacros. En cambio, en filosofía a verdade hai que buscala, ao modo grego, a través do diálogo. O autor, que xulga imposible conciliar o aceite pegadizo da fe coa auga clara da razón, filosófica ou científica, expón, con sólidos argumentos, o influxo esencial da cultura helénica na formación do cristianismo. A helenización —e paganización— da relixión cristiá esténdese a tres aspectos básicos: a) a lingua grega, propia da Biblia e da literatura teolóxica dos primeiros séculos; b) as relixións de misterio dos cultos helenísticos; e c), sobre todo, a filosofía grega que, coa súa gran riqueza intelectual, achegou á teoloxía cristiá valiosas ideas, converténdose na infraestrutura racional das verdades e dogmas de fe.

Este non é un libro máis de teoloxía, senón un ensaio filosófico desmitificador que analiza, desde un enfoque crítico, racionalista e antidogmático, o fenómeno da helenización da relixión cristiá, xurdida a partir dun xudaísmo previamente helenizado. O cristianismo vén tratado como verdadeira relixión, non como relixión verdadeira; é dicir, como unha máis das relixións de salvación, non como un meteorito caído do ceo no deserto de Judea.

(Da ficha do libro en Amazon)

O autor

Juan Currais Porrúa é un autor e investigador galego enfocado en teoloxía, historia do cristianismo e filosofía. É coñecido por obras como “Cristianismo e Filosofía” e artigos sobre a investigación histórica de Jesús, abordando a helenización do cristianismo e a figura histórica de Jesús.

Publicou estudos sobre o proceso de divinización de Jesús, a investigación histórica sobre Xesús, e conferencias sobre a Reforma de Lutero e a contrarreforma. Colabora con plataformas de teoloxía e pensamento cristián, como Fe Adulta e a Revista de Libros. O seu traballo profunda na análise crítica do pensamento cristián. Participou na revista galega de cultura Graal e impartiu conferencias en Galicia.

Local Ateneo

Hernán Cortés 28 Baixo D
Vigo, Galicia 36203 Spain
+ Google Map