Cargando eventos

« Todos os eventos

Asembleas Ateneo Atlántico 2026.

11 Maio / 19:00 20:30

Achegamos información das asembleas ordinaria e extraordinarias do Ateneo Atlántico deste ano 2026. Quen? Xunta directiva e asociados, Cando? Luns 11 de maio do 2026 ás 19.00 h. en primeira convocatoria e ás 19.30 h. en segunda. Onde? Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés 28, Vigo)

2026-05-11 LogoAteneo 600x600
A convocatoria

Vigo, 27 de abril de 2026

Prezadxs ateneístas:

A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para o luns 11 de maio ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas de non haber quórum en segunda no local de Hernán Cortés, 28 a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2026.

Convoca tamén o mesmo día ás 19.05 horas en primeira convocatoria e ás 19.35 horas de non haber quórum en segunda unha Asemblea Extraordinaria para modificar o artigo 4 dos estatutos referente ao domicilio social do Ateneo.

A seguir convoca tamén o mesmo día ás 19.10 horas en primeira convocatoria e ás 19.40 horas de non haber quórum en segunda outra Asemblea Extraordinaria para a elección de nova xunta directiva segundo as ordes do día que se achegan.

Contamos con vós para participar nestas xuntanzas Xerais Ordinaria e Extraordinarias. Se a participación é grande, mais confianza e representatividade estaremos a outorgar á Xunta directiva electa; canto mais colaboremos ben nos órganos de goberno, ben nas actividades organizadas, maior eficacia teremos no noso funcionamento.

Segundo os Estatutos do Ateneo Atlántico (que se poden consultar completos na páxina web ateneoatlantico.gal) A actual directiva quere garantir ao máximo o dereito de todas as persoas socias (artigo 11) segundo o cal “todxs somos electores e elixibles”. Así, no caso de existir un ou mais grupos de asociadxs interesadxs en formar unha Xunta Directiva alternativa, este é o momento de presentar diante da Asemblea Xeral Extraordinaria as diferentes propostas para que sexa esta a que decida.

Orde do día da Xunta Xeral Ordinaria:
-Presentación da presidenta.
-Resumo de actividades por parte das distintas comisións (15 minutos)
-Dación de conta da dimisión do tesoureiro Fernando Domínguez Bahamonde e designación pola Xunta Directiva da nova tesoureira Rosa María Cortés Redondo.
-Aprobación das contas anuais e presentación do orzamento de 2026 da tesoureira ( 20 minutos)
-Balance de xestión do secretario (10 minutos)
-Baixa e nova incorporación de vogais.
-Rogos e preguntas

Orde do día da primeira Xunta Extraordinaria:
-Modificación do artigo 4 dos estatutos referente ao domicilio social do Ateneo.

Orde do día da segunda Xunta Extraordinaria:
-Elección de nova Xunta directiva.

Por último dicirvos que ao remate das sesións imos celebralo cuns petiscos e un viño galego.

Luísa Abad, presidenta.

Máis información

-Documento da convocatoria

Local Ateneo

Hernán Cortés 28 Baixo D
Vigo, Galicia 36203 Spain
+ Google Map