Cargando eventos

« Todos os eventos

Recuperando as voces da marxe da historia

23 Abril / 19:30 20:30

Presentación do libro Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes de Alba Rodríguez Saavedra. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que operaron e operan para manter afastada do noso sistema a obra Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.
Quen? A autora Alba Rodríguez Saavedra estará presentada por Claudia Morán. Cando? Xoves 23 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés 28 Vigo, Pontevedra). (Pendente de completar ! )

2026-04-23 Voces marxe da historia 1600x900
O Libro

O libro presenta unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica, literaria e etnográfica, reflíctese con claridade, a través da cesión da palabra ás protagonistas, a dureza da vida das mulleres rurais da altura, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.

Ruth Matilda Anderson, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, reivindicou a Galicia do campesiñado, das mulleres e da infancia, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica.

(Da ficha do libro na na web de Editorial Laiovento ).

Alba Rodríguez Saavedra

Alba Rodríguez Saavedra é tradutora, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. As súas liñas de estudo principais, asentadas en feminismo e tradución, céntranse na análise das manipulacións arredor da moura e da cailleach, e o seu traballo de investigación A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegasElas, as elididas, a través de Ruth Matilda Anderson recibiu o Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma, do Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña 2023.

(Da ficha do libro na na web de Editorial Laiovento ).

Local Ateneo

Hernán Cortés 28 Baixo D
Vigo, Galicia 36203 Spain
+ Google Map