Cargando eventos

« Todos os eventos

Espantallos 2012 – 2025. Visita comentada

21 Abril / 19:30 20:30

Visita comentada á exposición fotográfica Espantallos 2012 – 2025 de Manuel Sendón. Quen? O propio fotógrafo Manuel Sendón. Cando? Martes 21 de abril, ás 19.30 horas. Onde? Na Fundación Laxeiro en Rúa Policarpo Sanz, 15, Vigo. (Pendente de completar !)

2026-04-21 Expo Sendon 1600x1600
Manuel Sendón

Manuel Sendón Trillo, nado na Coruña o 11 de xuño de 1951, é un profesor, fotohistoriador e fotógrafo galego, residente en Vigo.

É licenciado en Matemáticas, doutor en Belas Artes e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. En 1984 creou con Xosé Luis Suárez Canal o Centro de Estudos Fotográficos (CEF), entidade que dirixiu a Fotobienal de Vigo dende 1984 ata o 2000. Sendón e Canal son autores de varios libros sobre fotógrafos históricos galegos e arquivo.

(Da ficha na web da Wikipedia)