- Este evento pasou.
Ciclo Memoria democrática 6
11 Xuño / 19:30 – 20:30
Ciclo Memoria democrática. O dereito á memoria, á dignidade e á reparación. Quen? Francisco Etxeberría Gabilondo. Cando? Xoves 11 de xuño a partir das 19.30 horas. Onde? No Salón de actos do Marco (Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra). (Pendente de completar)

Para rematar o Ciclo de Memoria Democrática-Vítimas da Guerra civil e a ditadura , escollemos un tema que nos invita á volver revisar todo o que escoitamos nos actos anteriores: a oportunidade que se nos brinda de atender o principio ” de verdade” que necesitan as vítimas do franquismo e comprender como a lei de Memoria Democrática de 2022 pode contribuír ao recoñecemento dos terribles feitos e establecer políticas públicas de reparación que a sociedade lles debe ás vítimas.
Contamos para iso con Francisco Etxeberria Gabilondo (Beasain 1957), un dos máis reputados antropólogos forenses do Estado, profesor de Mediciña Legal na Universidade do Pais Vasco e do Instituto Vasco de Criminología e , actualmente, asesor do Goberno en materia de Memoria Democrática. Coñecido polo gran público pola súa intervención en casos mediáticos -Caso Lasa e Zabala, Caso Victor Jara ou caso Bretón, son algúns exemplos-, a súa achega aos traballos de reparación das vítimas vai desde as súas investigacións sobre torturas no Pais Vasco ata a súa activa participación desde o ano 2000 na exhumación de fosas. Desde 0 ano 2020 coordina os traballos en Cuelgamuros para recuperar os restos de persoas enterradas alí sen o seu consentimento.
O acto será presentado pola nosa Presidenta, Luisa Abad.
O acto
.

.

.

.

.


