- Este evento pasou.
Saídas xeolóxicas arredor da Ría de Vigo
26 Marzo / 19:30 – 20:30
Presentación do programa das próximas Saídas xeolóxicas arredor da Ría de Vigo. Quen? Oscar Pazos Rodríguez, nado en Vigo e licenciado en Xeoloxía. Cando? Xoves 26 de marzo a partir das 19.30 horas. Onde? Nos locais doAteneo (Rúa de Hernán Cortés 28, Baixo)

Oscar Pazos Rodríguez
Oscar Pazos Rodríguez, nado en Vigo en 1967, licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, mestrado en Recursos Naturais e Medio Ambiente, son actualmente investigador-doutorando no Departamento de Estudos do Património da FLUP- Universidade de Porto, alén de membro da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), a SEDPGYM (Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) e a Comisión de Geoarquelogía da SGE. Profesionalmente teño traballado como técnico de xeofísica de resistividade e consultor, nomeadamente en medio ambiente, xeotecnia e xeopatrimonio.
Precisamente, foi a partir dos traballos e investigacións sobre a minaria galaico-romana do ouro que comecei coa divulgación e a guiar roteiros sobre o tema. En 2018 publiquei A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia (Aterra Libros), cunha nova edición ampliada en 2023, e coa publicación de 29 Xeolugares arredor da ría de Vigo en 2024 comecei a divulgación do moi diverso xeopatrimonio que temos máis perto, procurando contribuir ó recoñecemento e conservación da terra que habitamos mediante o coñecemento dela.

