- Este evento pasou.
Ciclo Memoria democrática 4
14 Abril / 12:50 – 13:50
Ciclo Memoria democrática. Regreso á Illa de San Simón. Presentación Banda Deseñada. Quen? Kiko Dasilva; presenta Lourdes García Vázquez. Cando? Martes 14 de abril a partir das 12.50 horas. Onde? IES O Castro (Rúa José Gómez Posada Curros, 1, 36203 Vigo, Pontevedra). (Pendente de completar !)

O comic
Regreso á illa de San Simón é un cómic promovido pola Deputación de Pontevedra que ten o obxectivo de achegar aos mozos o relato dos feitos ocorridos durante os anos da ditadura, a represión e as súas consecuencias na provincia. A obra, titulada ‘Regreso á Illa de San Simón’, foi coordinada polo debuxante Kiko Da Silva e reúne o traballo de 13 autores e autoras formados na escola do Garaxe Hermético, quen creou diversas historias ambientadas na illa da ría de Vigo entre 1936 e 1943. ‘É un traballo coral’, explica Da Silva, ‘porque o que sucedeu en San Simón foi tamén unha traxedia colectiva que nos afectou e séguenos afectando a todos’. Ademais, destaca as posibilidades que ofrece o cómic para chegar a un público que, polo xeral, non ten moita conexión coa memoria histórica.
(Da ficha do libro na web de MiwComics )
Kiko Dasilva
Francisco Javier da Silva Irago, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979, é un autor de banda deseñada historietista, ilustrador e director editorial galego.
Xa de novo, con 17 anos, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra.
En 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño, distribuído por La Voz de Galicia, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz, o protagonista, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos.
Dirixe a revista de historietas semestral BD Banda,
(Da ficha da web da Wikipedia )

