CdeL marzo: El discurso del método
1 Abril / 18:30 – 19:30
O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 1 de abril), é “El recurso del método” do escritor cubano Alejo Carpentier. O libro foi publicado en 1974 e adscrito ao subxénero da literatura hispanoamericana coñecido como novela do ditador. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita).

El recurso del método
“El recurso del método” preséntanos a historia do ditador dun arquetípico país hispanoamericano, pero a época na que transcorre resulta a que o propio Carpentier coñeceu, e moitos dos feitos da Habana dos anos 20 están transcritos case con exacta fidelidade. O espazo xeográfico resulta, con todo, unha invención tremendamente particularizada, síntese de diversos países latinoamericanos, que conforma un imaxinario xeográfico co que o lector debe familiarizarse para seguir e comprender as peripecias narrativas.
(Da ficha do libro na web de La Casa del Libro)
Alejo Carpentier
Alejo Carpentier Valmont, nado o 26 de decembro de 1904 e finado o 24 de abril de 1980, foi un novelista e narrador cubano que influíu notablemente na Literatura latinoamericana desde mediados do século XX en adiante. Foi o criador do concepto literario real-marabilloso na súa novela “El reino de este mundo” precursor do realismo fantástico.
Está considerado un dos artífices da renovación da literatura latinoamericana, particularmente a través do seu estilo, incorporando todas as dimensións posibles da imaxinación (soños, mitos, maxia e relixión) na súa concepción da realidade literaria. Foi proposto para o Premio Nobel de Literatura.
Foi amais xornalista, profesor da universidade, diplomático e musicólogo sendo esta, a música, a súa meirande paixón; a pesar de ter sido a literatura a que le deu sona a nivel mundial.
(Da ficha do autor na Wikipedia)

