Cargando eventos

« Todos os eventos

Intelixencia e creación

9 Marzo / 20:00 21:00

Presentación do libro de Carlos López Bernárdez: Intelixencia e creación, a obra plástica de Francisco Miguel.
Quen? O autor Carlos López Bernárdez estará acompañado por Pepe Carreiro. Cando? Luns 9 de marzo ás 20.00 h. Onde? Fundación Euseino? (Rúa de México 37, baixo Esda. A).

2026-03-09 Intelixencia 1600x1600a
Intelixencia e creación

Francisco Miguel (A Coruña, 1897- Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX. Detido tras o golpe de xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas, aparecendo o seu corpo o 28 de setembro de 1936 en Bértoa (Carballo).
O seu traballo artístico foi realizado entre os anos finais da década dos 10 e o ano do seu asasinato. Nos primeiros anos vinte, ligado ao núcleo coruñés que dará orixe á revista Alfar, desenvolve unha linguaxe afín á modernidade que se espalla polas revistas ultraístas, interesado por captar o ritmo e o dinamismo, de influxo futurista, e polas tendencias formais planimétricas.
(Da ficha do libro na na web de Edicións Laiovento ).

Carlos López Bernárdez

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións. Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo e en Sermos, suplemento de Nós Diario.
(Da ficha do libro na na web de Edicións Laiovento ).

Pepe Carreiro

Xose Carreiro Montero (Vigo, 1954) é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, coñecido por ser o creador da serie infantil Os Bolechas. Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudio propio dende os anos 90.
(Da ficha na Wikipedia ).