Percorrido urbano. Pacewicz
7 Marzo / 11:00 – 13:30
O vindeiro sábado 7 de marzo, e da man de Rosa Saenz, realizaremos un novo percorrido urbano pola nosa cidade. Neste caso será tras os pasos do arquitecto Michel Pacewicz (1843-1921). O punto de reunión será un dos edificios paradigmáticos de Pacewicz: o Moderno, na Porta do sol. Iniciaremos a andaina ás 11 horas.

Stefan Michel Jean Pacewicz Durand naceu en Château-Gontier en 1843 e morreu en Vigo en 1921.
Este arquitecto francés de ascendencia polaca deseñou moitos dos mellores edificios da cidade entre 1897 e 1918.
Comezaremos a visita na Porta do Sol, fronte ao edificio Moderno, e remataremos no cruzamento das rúas Urzaiz e Gran Vía.
Duración aproximada: 2,5 horas

