cinemAteneo. Presentación de curtametraxes
25 Febreiro / 19:30 – 21:00
O cinemAteneo do Ateneo Atlántico organiza unha nova noite de curtas coa presentación de Plumas e Réxime, da realizadora Bea Saiáns, e A cámara subversiva: filmando a muller no parto, de Adriana Páramo. Presenta Mariana Carballal. O acto terá lugar o mércores 25 de febreiro, a partir das 19.30 horas, no salón Ateneo-Vitruvia (rúa Reconquista 7).


