Cargando eventos

« Todos os eventos

Saída a Allariz

8 Novembro / 08:30 21:00

O Ateneo Atlántico organiza unha saída á bisbarra de Allariz para o vindeiro sábado 8 de novembro. A saída será ás 8.30 horas desde o instituto Santa Irene e ás 9 da mañá desde a rúa Areal (antigo Reitorado). A hora prevista de regreso será arredor das 21 horas.

2025-11-08 Saida Allariz

Viaxaremos directamente a Santa María de Augas Santas, onde visitaremos o santuario; a continuación pequena camiñada -aproximadamente 3 quilómetros- ata o castro galaico-romano de Armeá, e o Forno da santa, de orixe prerromano, e sobre a que no século XIII comezou a construción da Basílica da Ascensión, da que quedan restos.
Comida no restaurante Acea da Costa, ubicado nun vello muíño-curtidoría do século XVIII, ao pé mesmo do río Arnoia, en pleno parque de Portovello.
Xa pola tarde, un sempre agradable ruar por Allariz ata achegármonos á Fundación Vicente Risco para visitar a exposición ‘Vicente Risco e Daniel Castelao. Galiza como proxecto vital’, da que é comisario o noso compañeiro X. Carlos L. Bernárdez.
Xa para rematar, e se o reloxo o permite, visita ao museo do Convento de Santa Clara.
Regreso con hora aproximada de chegada as 21 horas.

O custo total (transporte, seguros e comida) é de 60 euros para persoas asociadas e 70 para non socias.

Inscrición

A inscrición está aberta ata o mércores 5 de novembro.
Para formalizar a inscrición hai que facer o pago na seguinte conta
– Banco de Santander
– Nº de conta: 0075 8918 4606 0029 0234
. No ‘concepto’ do ingreso ou transferencia especificar: ‘REF: 1-56079’ + Nome completo.
Unha vez realizado o ingreso, comunicar todos os datos da inscrición a nosa compañeira Encarna no número de teléfono +34 635 685 868

Normas para a inscrición

Lembramos as condicións vixentes para todas as saídas organizadas polo Ateneo Atlántico:

  1. Cada persoas pode anotarse a si mesma e, como máximo, a unha persoa acompañante.
  2. Terán prioridade (1) as persoas socias, (2) as persoas socias con acompañante non socia, e (3) persoas non socias.
  3. Cancelacións: para cancelar a inscrición con dereito a reembolso do importe terá que ser antes das 72 horas previas ao momento da saída