Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

cinemAteneo. Adiós

22 Outubro / 19:30 21:00

O Ateneo Atlántico presenta o filme Adiós do realizador cubano Yoel Cano, protagonizado por Orisel Gaspar, que estará presente na proxección. Será o mércores 22 de outubro, a partir das 19.30 horas, no espazo Ateneo-Vitruvia (rúa Reconquista 7)

2025-10-22 Cine Adios
Adiós

Trátase do segundo filme da triloxía de Joel Cano. Adiós é a segunda parte de Siete días siete noches, gañadora de varios premios, entre os que cómpre destacar o Globo de Ouro (Montgolfière d’or) na 25 edición do Festival des 3 Continents.
 Adiós, cun presuposto total de 10.000 euros, rodouse en diferentes localizacións entre 2002 e 2004, maioritariamente en Cuba, pero tamén en Francia e Vigo (Casco Vello, Chapela, Camposancos…)
O filme non ten guión impreso, senón que foi transmitido aos dous protagonistas principais de xeito oral, polo director Joel Cano. Como técnica cinematográfica destaca o plano e o contraplano, ademais dos planos xerais e dos vídeos filmados polos dous personaxes protagonistas.

Joel Cano

Joel Cano Obregón (1966, Cuba) é un dramaturgo, director de cine, novelista e compositor musical de orixe cubano e residente en Francia. É licenciado en Teatroloxía e dramaturxia pola Universidad das Artes da Habana. A súa traxectoria é ben coñecida, e recoñecida en Cuba, coa publicación e posta en escea de diversas pezas teatrais como Time BallFallen AngelsFábula de un país de ceraFábula del insomnioFábula de nunca acabarFábula verdeLos aretes que le faltan a la luna.
As súas obras teñen sido editadas en numerosas antoloxías e levadas á escena en diversas ocasións por compañías cubanas.
Internacionalmente foi coñecido pola súa primeira película, Siete días siete noches, gañadora do Globo de Ouro (Montgolfière d’Or) no Festival dos 3 Continentes, en Nantes, Francia, en 2003.

Orisel Gaspar

Orisel Gaspar (1968, Cuba) é Licenciada en Artes Escénicas (Universidad de las Artes Instituto Superior de Artes (ISA). Ciudad Habana, Cuba 1985/90)
Actriz, guionista, profesora de Interpretación, profesora de Oratoria, reside entre Galicia, A Habana e Santa Clara.
Cunha ampla carreira como actriz (audiovisual e teatro) e creadora, e autora de proxectos como Boberías, Apertas, ou o Proyecto Nosotros. Como actriz participou en longametraxes como As mortes (Cristóbal Arteaga, Galicia, 2015) ou El triste olor de la carne (Galicia, 2013); en televisión participou en series como Pazo de familia (TVG, 2014).
Entre as súas curtametraxes cómpre destacar a súa actuación como protagonista nas laureadas El segundo amanecer de la ceguera (Mario Franco, España, 2008) ou Noche Vieja (Joaquín Matamala, ESAC, 2013).
O filme Siete días siete noches (Joel Cano, Cuba, 2001), do que é actriz protagonista, xa foi presentado neste cinemAteneo en 2023. É tamén moi fructífera a súa carreira como actriz de teatro.

Ateneo Atlántico

Reconquista 7
Vigo, Galiza 36209 Spain
+ Google Map
696 856 947
Ver a Páxina Web do Recinto