Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Percorrido polo Casco Vello

23 Maio / 18:00 22:30

O Ateneo Atlántico propón un percorrido polo Casco vello de Vigo da man de Rosa Sáenz. Cando? O venres 23 de maio, a partir das 18 horas. Onde? O punto de reunión será o Banco dos contos, ao pé do castelo de san Sebastián e fronte ao número 5 da rúa Pracer. A duración aproximada será de 2 horas e media.

2025-05-23 SaidaCascoVello

Xuntarémonos no Banco dos contos, situado onde a vella porta do Precer (fronte ao número 5 da rúa Pracer, onde rematan as escaleiras mecánicas).
Iniciaremos o percorrido camiñando polas rúas Abeleira Menéndez e Ferrería, polo barrio alto ata chegar ao castelo de San Sebastián.
A conituación baixamos ao Paseo de Afonso e Poboadores ata o Berbés; subimos pola rúa Real ata a travesa da Esperanza, praza de Almeida e Cesteiros, onde daremos por rematada a etapa de hoxe.
Contamos con realizar un segundo percorrido que complete o de hoxe.
A duración aproximada será de dúa horas e media.
A visita é gratuíta, pero dadas as condicións da actividade, o grupo non pode ser moi numeroso, polo que é necesario inscrición previa.

Inscrición

Enviar un correo electrónico a actividades@ateneoatlantico.gal facendo constar o nome e apelidos da persoa solicitante; no asunto do correo poñer ‘Percorrido Casco Vello’

Banco dos contos

Rua Pracer número 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map